QUÉ É O CALDEIRO DE PALABRAS?
É un proxecto colaborativo* para a difusión de léxico do Bierzo occidental.
Cada mes coñeceremos una palabra nova, na pizarra colocada na porta da Biblioteca, na nosa páxina de Facebook e nesta páxina web.
*Aportes de usuari@s e información consultada en glosarios publicados, como a obra de Jesús García y García, de Verardo García Rey, do Instituto de Estudios Bercianos no Atlas Lingüístico del Bierzo o o Glosario dos Ensayos Poéticos de Antonio Fernández y Morales, entre outros. (Máis información na Biblioteca)
PODO PARTICIPAR?
Sí! 🙂
Tes que seguir os seguintes pasos:
1. Na Biblioteca, xunto ao Caldeiro de Palabras, colle una ficha da cesta (mego) esquerda.
2. Escribe na ficha a tua palabra e o seu significado.
3. Deixa a ficha na cesta (mego) dereita.
VÍA WEB: correo a biblioteca@cacabelos.org e mensaxes a facebook.com/bibliotecadecacabelos ou instagram.com/bibliotecadecacabelos
XARDÓN, XARDOIS en plural, é unha palabra característica do noroeste peninsular. En zonas de fala leonesa encontramos a forma SARDÓN ou SARDONA. Pero… Qué é XARDÓN? XARDÓN responde ao que comúnmente coñecemos como encina, pero ollo coas variantes! Nalgúns lugares, incluso dentro do propio Bierzo, Butilizase para referirse ao acibro e tamén pode referirse a outras partes da familia “Quercus”. ??
BONUS TRACK: Sabes que XARDÓN é o nome dun duende que conta as lendas bercianas nas súas aventuras? Aquí máis información: https://www.lanuevacronica.com/xardon-y-bierzo-mitico
?? ¡MOCALÁN! ??
Se alguén chámate MOCALÁN… Que pensarías? Será un piropo? Unha forma de saúdo? ??
Se che sucede isto, quen te está a chamar MOCALÁN quere meterse contigo, e pode variar a connotación, dende unha zona cariñosa e afectiva ata a ofensa. Xa sabes, o ton marca as nosas intencións! ??
É unha palabra que podemos encontrar en variantes próximas coas formas MOCALÓN, MOCÁN, MOCARRÓN ou MOCOSÁN, entre outras.
El CALDEIRO DE PALABRAS, moi relacionado con lume, hoxe trae unha palabra que nace do lume e se desfai ao pouco: PABUXAS ??
As PABUXAS son esas cinzas que despréndense cando arde algo e caen lentamente, flotando. Ao igual que outras palabras das que falamos, ten moito arraigo na zona, pero… E se introducimos a palabra nun buscador? Terá vida tamén en Internet? Pois aquí deixamos algunas capturas de pantalla. OLLO, unha delas é do noso moi querido Carlos de Francisco no seu blog Castroventosa ??
Estes días ao mencer hai algo de NEBRIÑA ??
Hoxe traemos unha das primeiras palabras que chegaron ao CALDEIRO DE PALABRAS, fai xa case dous anos! Nesta terra chea de ríos é habitual a NEBRIÑA durante o outono e o inverno. Son días nos que subimos a Castro Ventosa a disfrutar do sol e ver que a nosa vila… Está nas nubes! ☁️☁️
Segue FERVENDO o CALDEIRO DE PALABRAS ??
Hoxe traemos unha das palabras que máis nos suxerís: ?? O POLEIRO ??
O POLEIRO é o lugar onde descansan os POLOS e as galinas. POLEIRO pode referirse ao lugar ou parte de dito lugar, que habitualmente trátase de varios PAUS horizontais colocados a certa altura do chan.
Esta palabra ten moitos kilómetros tras de sí, puidendo escoitarse tamén en tódalas zonas de fala portuguesa, so que pronunciación pechada da primeira “O” (Transcripción fonética: puˈlɐjru) ?
Seguimos contando coas vosas suxestións. Vémonos na Biblioteca! ??
Pola nosa parte, iremos enchendo a mesa de CONCHOS ?
Apetéceche un AMERODO? Si, un AMERODO, unha de esas fresas pequenas que penden dos BEIRONES e camiños. Moi pequenas, si, pero con un sabor verdadeiramente intenso
E… Os BEIRONES? Os BEIRONES son os límites dos terreos de labranza (ou LEIRAS) que habitualmente están cheos de espiños, SILVAS y outras plantas.
Este mes acordámonos dos nosos estudantes, que, coa EBAU xa próxima, pasan moitas horas sentados fronte aos seus apuntes. E poden acabarlles doendo as… CACHAS ou CACHELAS ??
CÓMO¡?¡?¡? ??
CACHAS é unha palabra moi común e pode parecer allea ao léxico normativo, fóra de todo dicionario… ¡Pero no! Aquí tedes CACHA no Diccionario de la Real Academia Española e no Dicionario da Real Academia Galega (ademais de aparecer en distintos glosarios).
Os presentamos o CALDEIRO DE PALABRAS, un espazo para a difusión do léxico propio da nosa zona, froito das variedades lingüísticas romances de León. Variedades que non son fruto dunha lingua, nin duas linguas, ¡senon de tres linguas! Un festín para la filoloxía ???
Cada semana apañaremos unha palabra para as redes sociais e para unha lousa que temos na porta da Biblioteca. Ademáis, deixamos un par de MEGOS (cestas) tras a lousa, para que poidas deixar ti tamén as palabras que coñezas.
Comenzamos con PINGANILLO, un clásico da época do frío que antes era moi común nos bordes dos tellados. ¿A coñeces? ¿Coñeces outra palabra para os pinganillos/carámbanos? ??
Unha das cousas que podemos apañar durante o invierno na horta son aas ricas berzas, sexa para un cocido, unha empanada o calquer prato que se nos ocurra. A berza conta con diferentes partes que dan moito para explicar. Hoxe traemos ao Caldeiro de Palabras o TROXO, que é a parte dura que sostén estas plantas tan ricas da familia das brasicáceas, da que nos comemos moitas, como o brócoli, o repolo, aas coles… ????
(Eso sí, o TROXO mellor para o compostaxe ?)
¿Coñeces máis partes destas plantas? ¡Pregunta na casa e cóntanos! ??
“Vaia ZOUPARRADA!” A palabra desta semana é algo dolorosa pero, se no é grave, tamén pode ser graciosa ??
Unha ZOUPADA ou ZOUPARRADA é un golpe grande producido por unha caída brusca. “Vaia ZOUPARRADA que levou entre as silveiras!” Contaba unha señora berciana preto de Cacabelos. ??
O Caldeiro de Palabras comeza a ter un caldo apetitoso grazas as vosas aportacións. A pota está comezando a ferver a cachón! ??
Hoxe traemos ENTRUIDO, que tamén é entrudo, antroido ou antruexo nalgúns pobos bercianos. Escoitaredes esta palabra sobre todo dende zonas de Portugal y as provincias orientais de Galicia, coa variante ENTROIDO, pero tamén a podes encontrar en glosarios de términos bercianos. Outra variante, tamén afastada da base italiana CARNELEVARE, é entruejo ou antruejo, atopándose esta última nos textos de Nebrija. ??
Convidamos a preguntar e comprobar con abraio cómo chamaban os nosos maiores a estas dastas, moi importantes na cultura popular dende aa época prerromana. O entruido é unha das festas máis sinaladas do ano dende o punto de vista antropolóxico e fálanos da entrada nun novo período, dende a base latina de INTROITUM ou INTRATICUM.
Deixamos, poiss, esta palabra que encerra moitas festas e ritos do cambio de ciclo, deixando atrás ao invierno e rompendo co cotiá.
¡Carnaval, entruejo, entruido, entrudo o antruejo! ????
Onte foi mércores de cinza ou de CERNADA, símbolo da benvida do novo ciclo. Nestas datas de entroido/entruido ou carnaval é tradicional “empapizar” o “tiznar” aos participantes na fiesta. ??
A CERNADA o cinza tamén usase para chancear ou chinchar. CERNADA é unha palabra tradicional para referirse á cinza e é compartida con outras áreas de León e tamén con zonas zamoranas e asturianas de fala leonesa e galega.
¿Coñeces a palabra ou outras variantes? ??
Moitas grazas pola participación! ??
O Caldeiro de Palabras e os sus megos non deixan de recibir novas aportacións. Animamos a seguir anotando palabras, preguntando na casa, discutindo sobre si esa palabra que os gusta leva unha “U” ou unha “O”… ??
Esta semana traemos CHAPUCAR, que tamén pódese escoitar como CHAPUZAR. Nestes días pasados por augua CHAPUCAMOS ao salpicar, ao saltar sobre os charcos e tamién cando vamos a nadar na piscina.
A CHAPUCAR! ????
O CALDEIRO DE PALABRAS sege fervendo a cachón!
Chega o fin de semana e estamos chamados ao tempo do FIANDÓN ??
Ate non fai moitas décadas, as xentes do lugar congregábanse arredor da lume. Según comentan, “por non haber televisión nen luz”. O intercambio social realizábase cara o final do día, cando compartíanse historias e xogos, á vez que as mulleres tecían. ????
É do tecer ou “fiar” dende onde xurde o FIANDÓN. En Cacabelos e no occidente berciano é así como nómbrase a esta reunión que, habitualmente e de forma máis extendida, coñécese como FILANDÓN. Esta última é a forma predominante na zona oriental do Bierzo, seendo ademáis aa recoñecida pola UNESCO. Ademáis tamén podemos escoitar variantes como FILANDERO, FILANDEIRU, FIADEIRA, FIADA ou FIANDEIRA. ??
Dende esta variante de FIANDÓN revisado que estamos a vivir, queremos proponer tres recursos relacionados con esta palabra:
1. El Filandón Berciano. Un blog colectivo comprometido co diálogo sobre cuestións vitais para O Bierzo, como o mundo rural, a cultura popular ou a despoboación. Publican contido con frecuencia para “embarullar o mundo rural” e os podes atopar no Facebook, Twitter e Instagram, ademáis da sua páxina web. ??
URL: https://elfilandonberciano.wordpress.com/
2. Un reportaxe en RTVE sobre a película de José María Martín Sarmiento “El Filandón”, que en 1985 xuntou frente as cámaras a literatos como Luis Mateo Díez, Pedro Trapiello, Antonio Pereira, José María Merino e Julio Llamazares. ??
URL: https://bit.ly/2UI3QAa
3. O cadro “Filandón en Monasterio de Hermo” (1872), de Luis Álvarez Catalá. A obra pictórica de referencia sobre o filandón, que atópase no Museo de Bellas Artes de Asturias ??
URL: https://bit.ly/3aoTTOS
Vivimos días nos que, en moitos casos, dispoñemos de tiempo para pensar y tamén para recordar. Qué che parece aproveitar ese tempo para recuperar máis palabras que botar a cocer ao CALDEIRO DE PALABRAS? ¡Esperámosche! ??
Hoxe no CALDEIRO DE PALABRAS falamos de animais!
Durante o tempo do confinamiento parte da fauna campa as súas anchas polos nosos pobos. Pero… Alguén viu unha GUNICELA? ??
GUNICELA… ¿GUNICELA? Estamos a falar dun mamífero pequeño e veloz, dun cazador eficiente que pode abatir presas que o superan en peso e tamaño… Sabedes a qué animal nos referimos? Vistes algunha vez unha GUNICELA? ??
Nas áreas de transición lingüística é común manexar varios nomes, así que é posible atoparnos con outras variantes. Contade! ??
Pese a que botamos de menos ver os MEGOS cheos das vosas aportacións, non queremos que o CALDEIRO DE PALABRAS perda temperatura. Por iso abrimos unha sección na páxina web da Biblioteca onde podedes consultar todo o exposto ate o momento.
https://www.cacabelos.org/biblioteca/gl/caldeiro-de-palabras/
Animamos a preguntar na casa por máis palabras e polas variantes das que xa vimos!
O Caldeiro de Palabras segue coa cocción fogo lento e hoxe presenta a un invertebrado de terra. Sabes o que son as MERUCAS? Sí, sí, MERUCAS, así como oes. ??
Dámosche unhas pistas:
-Son uns animais moi importantes para a saúde dos chans
-Úsanse como cebo para a pesca
-Nos días de choiva é sinxelo velas fora do seu hábitat
Daste conta agora? Sabes xa qué son as MERUCAS? En pobos cercanos tamén pódese escoitar MORUCAS ou MIOCAS. E ollo, esta palabra é das que viaxan, ao ser común en León, Asturias e Zamora. ?
Recorda que podes enviar teus aportes ao Caldeiro de Palabras a biblioteca@cacabelos.org ou por mensaxe de Facebook. Cando recibimos palabras as contrastamos e as botamos ao Caldeiro, que non deixa de cocinar neste tiempo.
⚠️ SOLUCIÓN ⚠️ Se todavía non sabes o que son as MERUCAS, fai clic na seguinte ligazón: https://es.wikipedia.org/wiki/Lumbricidae
Máis fauna ao Caldeiro de Palabras! ???
Nesta ocasión, imos falar dun animal voador que se come as MERUCAS… Incluso animáis máis grandes! ??
É o PENEIRÍN, una ave rapaza de cores pardos. De tamaño relativamente pequeno, se o comparamos con outras aves rapaces, pero maior con respecto á maioría das aves.
Viches algún PENEIRÍN últimamente? ❓?
Aquí a solución: https://gl.wikipedia.org/wiki/Lagarteiro
A semana pasada falamos del PENEIRÍN, un ave rapaz habitual nos ceos da comarca. Hoxe queremos falar del NIAL, a “casa” do PENEIRÍN e a gran maioría das aves. Atopamos a palabra NIAL ao falar do “poñedeiro de PITAS”, pero pódese extender a todo aquel montón de palla ou feo ao aire libre que forman as aves.
Viches algún NIAL últimamente? ??
ENCETAR o pan saído do forno ou ENCETAR un fogo para preparar un asado ??
Ambas accións van en contra de manter a nosa liña en verán, pero son bos exemplos para falar da palabra desta semana.
Cando ENCETAMOS damos comezo, abrimos ou iniciamos, polo que podemos encontrar esta palabra en moitas situacións. OLLO! ¡E non únicamente para comer!
ENCETAR ten a súa orixe na palabra latina INCEPTĀRE e é común a tódalas linguas romances da península ibérica. ENCETAMOS en Cacabelos, en Guimarães, en Sitges e en Santiago!
Máis palabras! O tránsito de palabras entre os MEGOS, o CALDEIRO e a pizarra non para! Hoxe falamos dun adxectivo, ese elemento gramatical que non podía faltar no noso viaxe polo léxico da zona.
“Saíu a pasear e lle colleu a treboada. CUITADO de él! Pobrín ??”
Con CUITADA / CUITADO referímonos á inocencia e a indecisión, pero tamén para adxectivar ao suxeito que lle ocorre algo negativo, como este pobre veciño que saíu a dar un paseo y volveu a empapado para a casa.
Tras o verán chegarán algunhas actividades para aprender e dialogar sobre el léxico de la comarca, ese patrimonio invisible que nos rodea. Iremos informando! ??