Servizo de préstamo a domicilio que inclúe á gran maioría dos fondos da Biblioteca. Ademais, existen outros tipos de préstamo, como o interbibliotecario, o electrónico ou o colectivo
Acceso a Internet a través de dous ordenadores de acceso público, en mesas individuais, concibidas como espazos de traballo. Ademais, a Biblioteca conta con rede WiFi, para conectar dispositivos como portátiles, tabletas ou teléfonos
Espazo de silencio, con separación física do resto da Biblioteca, no que poder relaxarse, concentrarse e estudar. É un espazo versátil que pode ampliar e reducir a súa capacidade, con mesas amplas, acceso á rede WiFi e conexións de corrente eléctrica.
o
Depósito
A Biblioteca conta cun depósito, onde se conservan as obras de menos uso. Ofrécese un servizo de petición anticipada que, no prazo de 24 horas, permite consultar as obras do depósito