Doazóns

Grazas, grazas e grazas

Libros

Libros en bo estado de conservación, de interese para o seu uso na Biblioteca

I

Audiovisuais

Música e vídeo en formato físico: CD, DVD e Blue-ray

Videoxogos

En bo estado de conservación e de todas as plataformas actuais e pasadas. A Biblioteca quere potenciar a presenza do videoxogo entre os seus fondos. No futuro isto levará ao desenvolvemento de proxectos como charlas ou encontros

Formulario de Doazón

Pódese descargar o formulario de doazón e cumprimentalo en formato físico ou formato dixital

Normativa sobre doazóns

A Biblioteca Pública Municipal de Cacabelos agradece todas aquelas doazóns de libros e outros documentos que apoien os fins da institución e acepta todos aqueles materiais que forman parte do patrimonio bibliográfico ou que contribúan á mellora e desenvolvemento da colección da biblioteca.

A doazón de documentos é unha das vías de ampliación do noso catálogo. A Biblioteca agradécea sempre e acéptaa cando se axuste á súa política de desenvolvemento da colección e os exemplares estean nun estado de conservación aceptable.

Principios xerais:

• A Biblioteca resérvase o dereito de aceptar ou rexeitar o total ou parte dunha doazón.
• Non se aceptarán doazóns anónimas.
• Previamente a cada doazón deberá entregarse un impreso cos datos do doante e dos materiais que se queren doar.
• O doante acepta que coa súa doazón, o material doado pasa a ser propiedade legal da Biblioteca, sendo por tanto ela quen decidirá sobre o seu proceso, uso e destino final.

Materiales de interés para la biblioteca:

• Libros, cómics, películas, música, videojuegos y juegos de mesa en buen estado.
• Libros y publicaciones periódicas antiguos, raros y curiosos.
• Documentos de todo tipo sobre El Bierzo.
• Publicaciones periódicas que completen colecciones existentes.

Materiais que non acepta a biblioteca:

• Libros ou documentos que se atopen rotos, sucios, danados, con humidade, mal encadernados, subliñados ou con anotacións e en xeral en mal estado de conservación, salvo que sexan antigos ou de especial valor.
• Documentos duplicados e que xa se atopan entre os fondos da biblioteca.
• Libros de texto.
• Enciclopedias, anuarios, estatísticas, directorios.
• Libros técnicos ou de carácter científico de máis de 10 anos de antigüidade.
• Coleccións de peto e literatura de kiosko.
• Coleccións de xornais ou revistas que non sexan de temática local
• Números soltos que non completen as coleccións que xa conserva a Biblioteca.
• Capítulos de libros ou artigos de revistas e separatas cuxos orixinais completos xa están na Biblioteca.
• Reproducións, fotocopias, nin copias gravadas de audiovisuais.

Criterios para a aceptación das doazóns:

1. Estado de conservación: Só aceptaranse documentos en bo estado de conservación. Non poderán ser admitidos documentos rotos, mal encadernados, incompletos, sucios, ou con humidades e infeccións que poidan comprometer a seguridade da colección existente e que os fagan inservibles para ser postos ao dispor do público.
2. Duplicidade: Ingresarase na colección só o material que non se atope duplicado, ou se o está, que rexistre altos niveis de uso. Poderase valorar tamén o ingreso de materiais duplicados no caso daqueles exemplares que presenten dedicatorias e anotacións do autor ou de personaxes que poidan ser considerados de importancia no ámbito cultural da Biblioteca.
3. Vixencia de contidos e soportes: Valorarase para a aceptación dunha doazón a vixencia, o valor informativo e a actualidade dos documentos, así como o posible interese que poida ter para os usuarios da Biblioteca.
4. Materia: Valorarase se a temática das obras garda relación coas políticas habituais de adquisición da Biblioteca. Non se aceptarán enciclopedias, anuarios, directorios, estatísticas, obras de lexislación, coleccións de libros de peto, nin literatura de kiosko.
5. Copias: Non se admitirán separatas, nin reproducións (fotocopias, copias gravadas) de ningún tipo de documento xa sexa bibliográfico ou audiovisual cando se trate de fondos xerais que non sexan de interese para a colección.
6. Publicacións periódicas: Poderanse aceptar coleccións completas ou relativamente completas daquelas publicacións periódicas que resulten de interese para o fondo local da Biblioteca a condición de que reúnan os criterios anteriores. Só aceptaranse números soltos de publicacións periódicas que sirvan para completar aquelas coleccións que se conserven e téñanse incompletas.
7. Fondo Local: Considerásense doazóns de especial relevancia e poderase especial coidado na análise daqueles fondos doados que se correspondan con documentos de temática local.